Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/493).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. CC.TT. polígono industrial de Ames (O Milladoiro).

Situación: Ames e Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 3.712 m de lonxitude con orixe na cela media tensión da subestación Santiago de Compostela II que discorre por vías do polígono industrial do Milladoiro, saíndo e

entrando no centro de seccionamento e nove centros de transformación que se van instalar. Nove centros de transformación tipo caseta prefabricada, das cales unha e de 630 kVA e oito son de tipo kVA e tensións de 200,380-0,220 kV, instaladas ó lado de vías do polígono industrial do Milladoiro. Concello de Ames e Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña