Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/494).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Novoa Santos.

Situación: Ribeira.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 190 m de lonxitude coa orixe no tramo de liña existente entre C.T. Ribermiño e C.T. Pombal-Civei e final no C.T. rúa Novoa Santos, que se vai instalar. Centro de transformación baixo edificio de vivendas de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en rúa Novoa Santos. Concello de Ribeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña