Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/540).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. C.S. aparcadoiro Hospital Arquitecto Marcide.

Situación: Ferrol.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 196 m de lonxitude, coa orixe na liña denominada variante Hospital Arquitecto Marcide e final na mesma liña unha vez entre e saia do centro de seccionamento, que se vai instalar en caseta prefabricada sita no aparcadoiro Hospital Arquitecto Marcide. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de decembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña