Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/539).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. C.T.C. r/ Perú Esquina Puente.

Situación: Carballo.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 215 m de lonxitude, coa orixe no C.T. Estrella e final na liña que alimenta o C.T. mercado, unha vez entre e saia do C.T.C. r/ Perú esquina a r/ Puente. Centro de transformación, baixo edificio de vivendas, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en r/ Perú. Concello de Carballo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de decembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña