Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.820

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 7 de decembro de 2001, da Delegación Especial de Aragón, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.un da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social e tentada a notificación sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, por medio deste anuncio cítase os suxeitos pasivos ou representantes que se relacionan no anexo adxunto para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que nel se inclúen.

Os interesados ou os seus representantes deberán comparecer para seren notificados no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da súa publicación desta resolución no boletín oficial da Comunidade, en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres, nos lugares que en cada caso se sinala (ver táboa anexo I).

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non compareceren no citado prazo, a notificación

se entenderá producida, para tódolos efectos legais, desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para compareceren.

Zaragoza, 7 de decembro de 2001.

Jorge Puyuelo Gros

Xefe da Dependencia de Recadación

ANEXO I

Lugar de comparecencia:

50600. Dependencia de Recadación, r/ Albareda, 16, 50004 Zaragoza.

50852. Dependencia Rexional de Recadación, r/ Albareda, 16, 50004 Zaragoza.

Contribuínte: Vázquez Fernández, Mª Carmen.

NIF: 29.087.650-X.

Nº expediente: C1100000540136410.

Procedemento: providencia de constrinximento.

Lugar: 50600.