Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.820

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2002, da Tesourería Xeral da Seguridade Social, pola que se anuncia a convocatoria da primeira poxa pública para o alleamento dun inmoble, sito na rúa Historiador Vedía, 1, da Coruña.

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, con data do 7-12-2001, autoriza a Tesourería Xeral da Seguridade Social, unha vez que esta acordou a súa venda e declarou o seu alleamento con datas do 27-11-2001 e 17-9-2001, respectivamente, para allea-lo inmoble que se detalla a continuación:

-Local comercial sito na rúa Historiador Vedía nº 1, da Coruña, de 336 metros cadrados, inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña, no libro 1.642, folio 172, predio nº 56.327, inscrición 3ª.

O tipo mínimo de licitación será de 353.395,12 euros.

Farase esta primeira poxa de acordo co prego de condicións que terán á súa disposición os posibles licitadores na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social; r/ Emilia Pardo Bazán 15-7º esqda. da Coruña. Teléfono: 981 18 76 73.

O acto público desta primeira poxa terá lugar perante a mesa constituída para o efecto, ás 12 horas do día 6 de marzo de 2002, na sala de xuntas da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social; r/ Federico Tapia, 54-3º da Coruña.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2002.

José Manuel Pombo Cortés

Director provincial da Tesourería Xeral

da Seguridade Social na Coruña