Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO de concurso (referencia 11/2002).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Deputación Provincial de Ourense.

a) Dependencia que tramita o expediente: vicesecretaría xeral.

b) Número de expediente: 11/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o aseguramento da responsabilidade civil e patrimonial da Deputación Provincial de Ourense, co alcance e extensión definidos nos pregos de condicións técnicas.

b) Prazo de execución: dous (2) anos prorrogables ata un máximo de catro (4).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 145.000 euros anuais.

5. Garantías: non se esixen.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: r/ Progreso, 32.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32003.

d) Teléfono: 988 38 52 02.

e) Telefax: 988 38 51 84.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: compañías de seguros legalmente constituídas e inscritas nos rexistros administrativos da Dirección Xeral de Seguros do Ministerio de Economía e Facenda, que estean autorizadas para operar no ramo ó que se refire o obxecto do contrato.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 14 horas do décimo día natural seguinte ó da publicación do anuncio de convocatoria no DOG, salvo que o último día do prazo fose inhábil, suposto no que quedará o prazo automaticamente prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida na cláusula sétima do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada, ou ben por correo, conforme o establecido na cláusula sétima do prego.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 1 mes.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas do Pazo Provincial.

b) Data: o día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, agás que sexa sábado, domingo ou festivo, suposto no que se entenderá trasladado ó primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 5 de febreiro de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense