Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do concello, na súa sesión do 26 de novembro de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade delimitada sobre unha parcela en Roxos (números 35 e 37 da rúa das Flores), promovido por Bernardo Falcón Acha.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo