Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO.

Aprobado con carácter inicial pola Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 22 de novembro de 2001, o proxecto de urbanización de iniciativa privada presentado e promovido por José Novo López, con domicilio na avda. do Brasil, nº 51-1º dta. (Santa Comba), para o desenvolvemento da área de reparto, 16 (PNC-16) do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, sito na rúa Pepe Xan Baña, s/n, Santa Comba, redactado polos arquitectos, Antonio Sabucedo Costa e José Antonio Padrón Conde, ó abeiro do artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 140 do Regulamento de planeamento urbanístico, sometése a información pública a presente aprobación inicial para efectos de presentación de alegacións, mediante anuncio públicado no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior tirada da provincia, durante o prazo dun mes que comezará a contar desde o día seguinte o da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santa Comba, 7 de xaneiro de 2002.

José Toja Parajó

Alcalde-presidente