Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.794

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de estatísticos.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Adminis

tración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia númeo 245, do 20 de decembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de estatísticos.

A lista de aspirantes admitidos estará exposta no taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícase a lista de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para emendaren defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formularen reclamacións.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

NomeDNIExclusión

Almachel Roldan24253571W20, 53

Mallo Rey, Marta3282187L55

Causas de exclusión:

20 Taxas non aboadas.

53 Falta de DNI ou DNI incorrecto.

55 Non cumpri-lo requisito de titulación.