De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo de San Caetano, bloque terceiro, baixo, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionado/a, para ocupar algún dos postos de traballo sinalados no anexo I desta orde, un funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento no que presta servicios, considerándose neste sentido de non emitirse no prazo de 15 días, tal coma dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase á adxudicación do posto para o que foi seleccionado/a.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e, de considerarse oportuno, os postos de traballo poderán declararse desertos.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade que o novo, ou dun mes de tratarse de
distinta localidade ou de reingreso ó servicio activo, e este comezarase a contar desde o día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo o prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ó da publicación dela.
Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu domicilio o demandante ou ben no da Coruña, á súa escolla, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2002.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda
ANEXO I
Denominación do posto: interventor delegado da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
Código do posto: EFC030001115770001.
Nivel: 30.
C. específico: 14.487,72 A.
Tipo posto: N.
Grupo: A.
Corpo/escala: superior (escala finanzas-A9.3).
Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
Localidade: Santiago de Compostela.
Denominación do posto: interventor delegado da Consellería de Sanidade.
Código do posto: EFC030001315770001.
Nivel: 30.
C. específico: 14.487,72 A.
Tipo posto: N.
Grupo: A.
Corpo/escala: superior (escala finanzas-A9.3).
Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
Localidade: Santiago de Compostela.
CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL
E TURISMO