Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 14 de febreiro de 2002 Páx. 1.789

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2002 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de oito bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria.

O artigo 6 da Lei 8/1983, do 8 de xullo, na súa alínea b), establece que: compete ó Consello da Cultura Galega investigar e valora-las necesidades culturais do pobo galego.

Dentro do plan de actividades do Consello da Cultura Galega para o ano 2002 figura a convocatoria pública de bolsas de investigación para realizar proxectos sobre diversos aspectos da cultura galega.

O seu outorgamento enmárcase dentro das funcións atribuídas ó Consello da Cultura Galega na Lei 8/1983, do 8 de xullo, que desenvolve o artigo 32 do Estatuto de autonomía.

Na súa virtude, apróbanse as seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

Convócanse oito bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega.

Como anexos á presente resolución inclúense os requisitos específicos que deben reuni-los solicitantes de cada bolsa.

Segunda.-Contía das bolsas e dotación orzamentaria.

O importe das bolsas incluirá:

-Unha asignación mensual de 540 euros coa retención fiscal que corresponda.

-Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes.

O pagamento da bolsa realizarase mensualmente na conta bancaria indicada polo interesado, logo do certificado do director da investigación, sempre que os traballos se desenvolvan con normalidade e de acordo coas bases establecidas.

Para o gasto que se proxecta existe o crédito suficiente na partida orzamentaria 03.01.111D.480.0, do orzamento prorrogado da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2001 para o ano 2002, por unha contía máxima total de vintesete mil trescentos sesenta euros (27.360 euros) impostos incluídos, dos que vintecinco mil novecentos vinte euros (25.920 euros), corresponden ó pagamento das mensualidades e mil catrocentos corenta euros (1.440 euros), corresponden ó seguro médico.

Terceira.-Duración.

As tarefas relativas ás bolsas iniciaranse a partir da data de incorporación dos bolseiros e terán unha duración especificada no anexo correspondente a

cada bolsa, e en ningún caso superior ó 31 de decembro de 2002.

Estas bolsas poderán prorrogarse ata un máximo de tres anos, incluído o período inicial, á vista do traballo realizado polo bolseiro, sempre que o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

Cuarta.-Requisitos xerais.

a) Ser español ou pertencer a un país membro da Unión Europea.

b) Posuír coñecementos de lingua galega.

c) Ser licenciado ou, se é o caso, diplomado universitario.

d) Non levar máis de catro anos licenciado ou, se é o caso, diplomado. Sen embargo, poden optar ás bolsas as persoas que se atopen nesta circunstancia, sempre que estean cursando estudios de terceiro ciclo ou xa os teñan cursado no momento de presentarse á convocatoria.

e) Non ter disfrutado con anterioridade dunha bolsa do Consello da Cultura Galega durante un prazo ininterrompido superior ós 3 anos.

f) Non ter sido separado do servicio de ningunha administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario.

g) Non desempeñar actividade profesional remunerada por conta propia ou allea, nin beneficiarse de bolsas ou axudas equiparables ás convocadas.

Quinta.-Solicitudes.

As solicitudes, no modelo que se xunta como anexo (anexo VIII), irán dirixidas ó presidente do Consello da Cultura Galega e entregaranse na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro, 15705 Santiago de Compostela) ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da presente convocatoria no DOG, acompañadas da documentación seguinte:

-Certificación académica persoal completa.

-Currículum vitae, acompañado de cantos documentos poidan avalalo.

-Fotocopia do DNI ou pasaporte.

-Declaración xurada de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración nin institución pública como consecuencia de expediente disciplinario, así como de non desempeñar actividade profesional remunerada por conta propia ou allea nin beneficiarse de bolsas ou axudas equiparables ás convocadas.

Transcorrido o prazo de vinte días naturais de presentación de solicitudes, farase pública unha lista de candidatos admitidos e excluídos, dándoselles a este últimos un prazo de dez días naturais para presentaren as alegacións ou a documentación relevante.

Sexta.-Comisión de valoración.

A comisión de valoración estará formada por dous membros da comisión executiva e o coordinador da sección, ou director do arquivo ou proxecto que solicite a bolsa. Este último pode, pola súa vez, delegar nun membro da sección ou comisión técnica correspondente.

Sétima.-Baremo para a selección dos bolseiros.

-Titulación do solicitante e expediente académico: ata un máximo de 4 puntos.

-Currículum vitae do solicitante, experiencia investigadora e colaboración en proxectos de investigación similares: ata un máximo de 4 puntos.

Ademais do exame da documentación presentada, a comisión poderá convoca-los solicitantes que obtivesen unha maior puntuación na fase anterior a unha entrevista persoal, para valora-los seus coñecementos e aptitudes, ata un máximo de 2 puntos.

O presidente da comisión propoñeralle ó presidente do Consello da Cultura Galega a relación de candidatos seleccionados para a adxudicación da bolsa.

Finalmente, a comisión fará pública a relación dos candidatos seleccionados (titulares e suplentes) por orde de puntuación, e as bolsas adxudicaranse por resolución do presidente, que será debidamente notificada ós solicitantes. A dita resolución porá fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que o dictou ou poderá ser impugnada directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa de acordo co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A comisión de avaliación poderá declarar deserta a convocatoria, se estima que ningún dos candidatos resulta idóneo.

A resolución do presidente adoptarase no prazo de tres meses, contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria das bolsas, producindo efectos desestimatorios a falta de resolución.

No caso de que, adxudicadas as bolsas, xurdisen renuncias adxudicarase automaticamente a axuda ó seguinte aspirante en puntuación, procedéndose do mesmo modo nas renuncias consecutivas

Oitava.-Aceptación das bolsas.

Unha vez recibidas as notificacións de concesión das bolsas polos beneficiarios, estes no prazo de

catro días naturais, comunicarán por escrito ó presidente do Consello da Cultura Galega a aceptación ou renuncia a elas. Se, transcorridos eses catro días, non se fixese manifestación en ningún sentido, entenderase como renuncia á bolsa declarándose rematado o procedemento.

Novena.-Obrigas dos beneficiarios.

Para xustifica-lo cumprimento da finalidade para a que se concedeu a bolsa e a aplicación dos fondos percibidos, os beneficiarios presentarán, dentro do mes seguinte ó remate da bolsa, un informe sobre o proxecto de investigación que están realizando.

No caso de que os beneficiarios incumprisen algunha das condicións establecidas para a concesión da bolsa, quedarán obrigados ó reintegro total ou parcial do importe da axuda que en cada caso fose pertinente.

Os beneficiarios están obrigados a facilita-la información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control de destino das bolsas.

Décima.-Réxime de colaboración.

A condición de bolseiro non dará lugar a relación laboral nin administrativa co Consello da Cultura Galega.

Os aspirantes seleccionados incorporaranse no prazo de tres días naturais, desde o remate do prazo para comunica-la súa aceptación, e desenvolverán o seu labor nos lugares e horarios establecidos nos correspondentes anexos.

Décimo primeira.-Extinción anticipada da bolsa.

No caso de incumprimento das tarefas de colaboración, o presidente do Consello da Cultura Galega, logo de escoita-la persoa afectada, poderá anula-la bolsa e atribuírlla ó aspirante que ocupe o primeiro lugar en orde de puntuación ó remate do proceso de selección, ou ó seguinte ou seguintes cando os chamados non puidesen presta-la súa colaboración por calquera motivo.

A solicitude da bolsa implica o coñecemento e aceptación das presentes bases.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2002.

Carlos Casares Mouriño

Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO I

Unha bolsa para colaborar no programa Arquivo Sonoro de Galicia.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no programa Arquivo Sonoro de Galicia, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega, para realizar distintos labores de catalogación dos fondos sonoros.

Bolsa:

Duración: 6 meses.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-las bolsas a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en humanidades ou diplomado en documentación.

-Posuír coñecementos de biblioteconomía e documentación.

-Posuír coñecementos de informática.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO II

Dúas bolsas para colaborar na Sección de Comunicación.

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no proxecto de investigación Galicia, un século de comunicación, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Bolsa 1:

Duración: 6 meses.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en ciencias da comunicación.

-Posuír coñecementos de análise de contido, catalogación e busca documental.

-Posuír coñecementos contrastados dos seguintes programas informáticos: Access, Ms Word.

-Ter experiencia investigadora en postos similares.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

Bolsa 2:

Duración: 6 meses.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en ciencias da comunicación ou.

-Posuír coñecementos de análise de contido, catalogación e busca documental.

-Posuír coñecementos contrastados dos seguintes programas informáticos: Access, Ms Word.

-Ter experiencia investigadora en postos similares.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO III

Unha bolsa para colaborar na Sección de Artes Plásticas.

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar nos proxectos de investigación que se está desenvolvendo na Sección de Artes Plásticas do Consello da Cultura Galega.

Bolsa:

Duración: 6 meses.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en historia da arte.

-Experiencia profesional en áreas vinculadas coa historia da arte.

-Ter experiencia investigadora en historia da arte.

-Posuír coñecementos de informática a nivel de usuario.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO IV

Unha bolsa para colaborar no programa Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no programa Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Bolsa:

Duración: 6 meses.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-las bolsas a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en filoloxía galega.

-Ter experiencia en servicios lingüísticos ou de normalización lingüística, ou en actividades de dinamización lingüística e estudios ou traballos de sociolingüística galega.

-Posuír coñecementos de informática.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO V

Unha bolsa para colaborar na Sección de Lingua.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar na Sección de Lingua, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega, para realizar distintos labores no proxecto Investigación para a elaboración de corpus da lingua e a súa aprendizaxe.

Bolsa:

Duración: 6 meses.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-las bolsas a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en filoloxía galega.

-Ter experiencia investigadora, especialmente no campo da sociolinguística galega.

-Posuír coñecementos de informática.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO VI

Dúas bolsa para colaborar no programa Arquivo da Emigración Galega.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no programa Arquivo da Emigración Galega, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Bolsa:

Duración: 6 meses.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-las bolsas a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en humanidades ou ciencias sociais.

-Ter experiencia investigadora en estudios migratorios.

-Posuír coñecementos de informática, especialmente na elaboración e tratamento de bases de datos.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA