Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PES-2/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 1 de febreiro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior sobre un soar sito no lugar de Pedralonga, promovido por Cupabi, S.A.

Segundo.-Proceder á exposición pública do documento, polo prazo dun mes, mediante anuncio na prensa local e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Notificar ós propietarios dos terreos afectados.

O que se publica para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación deste anuncio serán aboados polo seu promotor.

A Coruña, 5 de febreiro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo