Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO para contrata-la prestación de servicios de limpeza.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Ribeira.

Dependencia tramitadora: oficina municipal de contratación.

2. Obxecto do contrato.

Denominación do servicio: limpeza en edificios públicos e centros educativos de Ribeira.

Duración: dous anos, que se poderá prorrogar anualmente ata o máximo de catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Forma: concurso.

Procedemento: aberto.

Tramitación: ordinaria.

4. Orzamento.

Prezo base de licitación: 71.015,80 euros (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2.840,43 euros.

Definitiva: 4% do prezo que resulte adxudicado o contrato.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Ribeira.

Domicilio: praza do Concello, nº 1. Ribeira (A Coruña). CP 15960.

Teléfono: 981 83 54 17. Extensión 214.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos do contratista.

Clasificación: servicios: grupo III, subgrupo 6, categoría c).

8. Presentación de ofertas.

Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación o BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, en horario de 9 a 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedara prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.

Modelo de proposición: véxase o anexo I do prego de cláusulas económico administrativas:

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións técnicas e na 9 do prego de cláusulas económico administrativas.

9. Apertura das ofertas.

Lugar: Casa do Concello de Ribeira.

Data e hora: o día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas. No caso de que coincida en sábado, celebrarase o seguinte día hábil.

10. Gastos.

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Ribeira, 4 de febreiro de 2002.

O alcalde

Rubricado