Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

PROXECTO de compensación dos terreos pertencentes á orde dos Carmelitas Descalzos (expediente 18/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 1 de febreiro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

1. Aproba-lo proxecto de compensación dos terreos pertencentes á orde dos Carmelitas Descalzos, POL H9.04 con rexistro de entrada do 30 de xaneiro de 2001, coas seguintes condicións:

a) As parcelas resultantes de titularidade privada grávanse coa carga de urbanizar (predios A, B e C).

b) As parcelas resultantes de titularidade privada están suxeitas á limitación prevista no artigo 11.1º.b do solo de Galicia.

c) Considéranse como parcelas resultantes de titularidade pública as descritas como D1, D2 e D3, todas libras de cargas e gravames.

2. A aprobación deste proxecto implica o alleamento do 10 por 100 do aproveitamento lucrativo privado.

O importe deste alleamento materializarase a través da obra de urbanización do espacio público exterior ó polígono, de conformidade co proxecto de urbanización, así como coa entrega de 17.596,08 euros máis o IVE 2.815,37 euros, total que ascende a 20.411,45 euros (3.396.180 pesetas).

3. Este importe debe ser ingresado como condición de eficacia deste acordo.

4. Realizado o citado ingreso, produciranse os efectos previstos no artigo 104 da Lei do solo de Galicia, incorporándose ó inventario municipal os terreos de cesión obrigatoria e elevándose ó público este proxecto e posterior inscrición no rexistro.

5. Notificarlles este acordo a tódolos interesados.

6. Dilixenciar planos e documentos rexistro de entrada do 30 de xaneiro de 2002.

7. Outorgar recurso.

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a alcaldía-presidencia no prazo dun mes, e conta a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa e, noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de telo interposto.

O que se fai público para xeral coñecemento para os efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, polo que se aproban as normas complementarias ó regulamento para a execución da Lei hipotecaria sobre inscrición no rexistro da propiedade de actos de natureza urbanística, en relación co artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo os interesados de que o expediente se encontra a súa disposición nas oficinas de xestión servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Marina 18, entre as 12 e as 13.30 horas, de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación do acordo que se cita, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teñan por conveniente na defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 4 de febreiro de 2002.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo