Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 21 de xaneiro de 2002 pola que se autoriza a transmisión mortis causa e inter vivos da concesión da batea C.R. I.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea C.R. I, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

A) Antecendentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito con data do 4-5-2001, Carmen Riveiro Paz solicitou autorización para transmisión da concesión da batea C.R. I.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte

RESOLUCIÓN

Autoriza-la transmisión mortis causa dun medio indiviso a favor de Manuel Domínguez Riveiro (DNI: 33263345D) con carácter privativo, e inter vivos

da outra metade indivisa a favor da sociedade de gananciais composta por Manuel Domínguez Riveiro (DNI: 33263345D) e Carmen Dosil Blanco (DNI: 33260174N) da concesión administrativa da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: C.R. I.

Situación: cuadrícula nº 6.

Polígono: D.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 29-8-1972 (BOE/DOG nº 85 do 8-4-1972).

Remate vixencia: 8-4-2002.

Actuais titulares: Perfecto Domínguez García (DNI: 35382924-T) e Carmen Riveiro Paz (DNI: 33114084-H).

Novos titulares: Manuel Domínguez Riveiro (DNI: 33263345-D), 1/2 indiviso con carácter privativo e Manuel Domínguez Riveiro e Carmen Riveiro Paz (DNI: 33263345-D e 33260174-N), 1/2 indiviso con carácter ganancial.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisión patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado en condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización en compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2002.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Maria José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña