Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 288/1999).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aéreo-subterránea a 66 kV desde a subestación do parque eólico Pedregal Tremuzo ata a subestación de Unión Fenosa en Mazaricos, nos termos municipais de Muros e Mazaricos (expediente 288/1999), por resolución desta delegación provincial do 20 de novembro de 2001 a favor da entidade beneficiaria Gamesa Energía, S.A., con domicilio na avda. do Cruceiro da Coruña, nº 201, 15705 Santiago de Compostela.

Esta delegación acorda sinala-los días 6 (nos predios do termo municipal de Muros) e 7 (nos predios do termo municipal de Mazaricos) de marzo de 2002 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución nos taboleiros de edictos dos concellos de Muros e Mazaricos, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 17 de xullo de 2001, exluídos os mutuos acordos acadados; acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas das referidas casa consistoriais.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e, así, dirixir ó Ministerio Fiscal, as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña