Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 77.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con relación á disposición adicional 3ª, punto 3, exponse ó público polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e nun xornal de gran tirada da provincia de Ourense o expediente obxecto do trámite de excepción para a posterior construcción dunha granxa para cebo de tenreiros no lugar denominado A Portela/Cabanquiña de Arzádegos, na parroquia de Arzádegos, promovido por Antonio Sotelo Prada.

Vilardevós, 1 de febreiro de 2002.

José Luis Pérez García

Alcalde