Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO da convocatoria de probas selectivas para cubrir en propiedade prazas vacantes no Concello de Vilagarcía de Arousa, mediante promoción interna.

Por medio do presente anuncio procédese á convocatoria das prazas incluídas na oferta de emprego público de 2000, seguintes:

Funcionarios de carreiraNº prazasSistema de provisiónGrupo

Técnico/a superior informático1Concurso-oposiciónA
Bibliotecario/a1Concurso-oposiciónB
Administrativo/a1Concurso-oposiciónC
Auxiliar técnico informática1Concurso-oposiciónD
Oficial encargado mercados e abastos1Concurso-oposiciónD
Oficial encargado oficina información ó público1Concurso-oposiciónD
Auxiliar axudante inspección de rendas1Concurso-oposiciónD
Albanel1Concurso-oposiciónD

No BOP de Pontevedra nº 246, do 26 de decembro de 2001, publícase integramente as bases xerais e específicas aprobadas pola Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 3 de decembro de 2001, para a provisión en propiedade das citadas prazas, mediante promoción interna.

As prazas aquí convocadas están dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias ó posto de traballo ó que se adscriba a praza.

O prazo de presentación de instancias solicitando tomar parte na respectiva proba selectiva é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios referidos a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Pontevedra e taboleiro de edictos da corporación.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vilagarcía de Arousa, 9 de xaneiro de 2002.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde

Rosa Losada Suárez

Secretaria