Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 25 de xaneiro de 2002, adoptou o seguinte acordo.

Aprobar definitivamente o estudio de detalle das unidades de actuación nº 4.3 e 4.4. das previstas nas normas subsidiarias de planeamento, promovidas por Bernardo Blanco Castro e outros, de conformidade co estipulado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo. do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse no prazo de dous meses desde esta publicación recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Cangas, 30 de xaneiro de 2002.

José E. Sotelo Villar

Alcalde