Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2002 pola que se modifica o prego de cláusulas administrativas particulares regulador do concurso para a execución das obras de subministración e instalación dun sistema de reixa de desbaste e areeiro do bombeo de Adormideras e a automatización telecontrol das estacións de bombeo de Adormideras e San Roque.

A Alcaldía-Presidencia, mediante providencia do 31 de xaneiro de 2002, adoptou a seguinte resolución:

Primeiro.-Modifica-la cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares, regulador do

concurso para a execución das obras de subministración e instalación dun sistema de reixa de desbaste e areeiro do bombeo de Adormideras e a automatización telecontrol das estacións de bombeo de Adormideras e San Roque; o contratista deberá te-la seguinte clasificación:

Grupo I, subgrupo 8, categoría a).

Grupo I, subgrupo 9, categoría a).

Grupo J, subgrupo 5, categoría a).

Segundo.-Outorgar un novo prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio da rectificación no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de ofertas.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2002.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde

delegado de Contratación