Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

EDICTO.

O Pleno da Corporación de Boimorto, en sesión que tivo lugar o día 27 de decembro de 2001, prestou aprobación ós traballos de avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Boimorto e cartografía 1/2000 de núcleos, someténdose a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que poidan presenta-las suxestións, propostas e convenios urbanísticos que consideren oportunos, de acordo co previsto no artigo 41 da Lei do solo de Galicia.

Boimorto, 7 de xaneiro de 2002.

Luis Verea Taboada

Alcalde