O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o 31 de xaneiro de 2002, acordou inicia-lo expediente de ocupación directa de 290,70 m de solo incluído no subpolígono nº 2B do sector SAUI-1 de Meicende, de cara á execución do proxecto denominado urbanización do sector SAUI-1 de Meicende, 1ª etapa, fase nº 1.
Relación dos terreos e propietarios afectados:
Titular: Raimundo Prego Suárez.
Superficie que se vai ocupar: 290,70 m.
Refª. catastral: 4986502 NH4948N.
Aproveitamento: 104,65 m de edificabilidade de uso característico industrial.
Localización do aproveitamento: SAUI-1 (Meicende) polígono 2, subpolígono 2B.
Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, que se ignore o lugar de notificación dalgún ou, intentada esta, non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se recollen no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Arteixo, 4 de xaneiro de 2002.
María Isabel Vila Vilas
Alcaldesa accidental