De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.
Lugo, 4 de decembro de 2001.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: P-162/2001.
Denunciado: Balbino Navia Cabieiro.
DNI: 33741730-V.
Enderezo: r/ Maqueda, nº 63-4º D. Madrid.
Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial, en día inhábil (luns non festivo), sin estar en posesión da preceptiva licencia de pesca en vigor. Feitos constatados el día 16-7-2001, ás 19.40 h no río Miño. Lugo.
Precepto sancionador: 34.1º; 33.9º da Lei 7/1992 de pesca fluvial de Galicia.
Cualificación da sanción: menos grave.
Sanción: 360,61 euros.
Indemnización para obte-la licencia de pesca e para a práctica deste deporte por un período dun ano.