Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de vixilancia do CIMA: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro-Servicio de Apoio á Investigación e Divulgación Científica.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxeto: contratación do servicio de vixilancia do CIMA: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.

b) Prazo de execución: desde o 1-3-2002 ata o 31-12-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación urxente.

b) Procedemento aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: setenta e dous mil cento vinte euros (72.120,00 euros).

5. Garantía provisional.

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións,

nos días e horas hábiles, na Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, sita en Santiago de Compostela; rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

b) Teléfono: 981 54 61 51 e fax 981 54 61 38.

c) Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=945.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: no prazo de oito (8) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, (edificio administrativo San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela). Cando a proposición se faga por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día natural contado desde o seguinte ó do peche do prazo de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: 11 horas.

9. Gastos do anuncio.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2002.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento

Pesqueiro