Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de información pública.

Por decreto da Alcaldía, do 17 de decembro de 2001, acordouse a apertura do período de información pública nos expedientes expropiatorios 31/2001/A e 31/2001/B da área de secretaría, relativos á determinación do prezo xusto, polo procedemento de taxación conxunta, das parcelas incluídas no expediente expropiatorio 31/2001 do Plan parcial das Brañas.

O que se fai público co fin de que os interesados poidan presentar, no prazo dun mes, as alegacións e observacións que consideren oportunas. O prazo indicado computarase a partir da última publicación no Diario Oficial de Galicia ou no xornal El Ideal Gallego, ou notificación individualizada efectuada.

O expediente atópase á disposición dos interesados na secretaría do concello.

Sada, 28 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado