Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTES

ANUNCIO de contratación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Outes.

2. Obxecto do contrato: acondicionamento de accesos á praia de Broña.

3. Prazo de execución: seis meses.

4. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 63.503,31 euros, IVE incluído.

6. Garantías: definitiva: 4% do prezo da adxudicación.

7. Requisitos do contratista: clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas: dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

9. Lugar de presentación: rexistro do concello, das 9 ás 13 horas.

10. Apertura das ofertas: na casa do concello, ás 13 horas do segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de coincidir en sábado trasladarase ó luns.

11. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Outes, 8 de xaneiro de 2002.

O alcalde

Rubricado