Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2002 pola que se anuncia a poxa que se cita.

Entidade adxudicadora: Concello de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto o alleamento mediante poxa, por procedemento aberto, da participación do concello (82,1291%) na parcela denominada: parcela 2 do proxecto de compensación do polígono FF do SUNP 10 das Arrepentidas, O Carme de Abaixo (M do Plan parcial do SUNP-10).

Orzamento de licitación: o prezo mínimo da parcela obxecto de alleamento, que se entende como tipo de licitación, é de 86.357.360 pesetas (519.018,19 euros) IVE incluído.

Neste prezo non están incluídos os custos de urbanización, que serán por conta do adxudicatario nas condicións establecidas no prego de cláusulas económico-administrativas que rexe este contrato.

O tipo de licitación enténdese como mínimo e as ofertas débense realizar á alza.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: deberán ser presentadas, das 9 ás 14 horas, no rexistro xeral do concello, no prazo de trece días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Fianza provisional: 1.727.147 pesetas (10.380,36 euros).

Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello (secretaría) ás 12 horas o día hábil seguinte, non sábado, ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova; rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono e fax: 981 59 23 93.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2002.

O alcalde

Rubricado