Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 217/2001 e trece máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle ás persoas que de seguido se relacionan, que non puideron ser notificadas por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñe-lo interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun

mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma haberá que aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e sancións que se achega con esta notificación ou que pode recoller nas dependencias da delegación provincial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 10 de xaneiro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioSanción

Manuel Casal Maseda33831613LU-E 217/200123-o) en relación co 26-e) L.O. 1/1992Misericordia 50, Viveiro721,21 A

Manuel Casal Maseda33831613LU-E 215/200123-o) en relación co 26-e) L.O. 1/1992Misericordia 50, Viveiro661,11 A

Manuel Casal Maseda33831613LU-E 229/200123-o) en relación co 26-e) L.O. 1/1992Misericordia 50, Viveiro90,15 A

Adalicia SueroX-19980868LU-E 279/200123-e) L.O. 1/1992Calvo Sotelo 199, 6 C, Sarria300,51 A

José Antonio López García34254430LU-E 262/200123-e) L.O. 1/1992Lugar de Palacios 8, O Inicio300,51 A

José Manuel Sánchez Mendoza33856976LU-E 210/200126-e) L.O. 1/1992Marina Española 11, 5º, Lugo240,40 A

Carlos García Souto01173745LU-E 267/200126-e) L.O. 1/1992Porta de Cima 37, Vilalba180,30 A

María López Salgado32841483LU-E 236/200126-e) L.O. 1/1992Luciano Trabadelo 7, Chantada300,51 A

María López Salgado32841483LU-E 235/200126-e) L.O. 1/1992Luciano Trabadelo 7, Chantada300,51 A

María López Salgado32841483LU-E 211/200126-e) L.O. 1/1992Luciano Trabadelo 7, Chantada270,46 A

José Luis Pérez Vázquez33860756LU-E 205/200126-e) L.O. 1/1992Pedregal 9, 1º A, Viveiro90,15 A

José Luis Pérez Vázquez33860756LU-E 228/200126-e) L.O. 1/1992Pedregal 9, 1º A, Viveiro240,40 A

José Ángel Granda Nieto77594676LU-E 153/200126-e) L.O. 1/1992Nuestra Sr. del Carmen, Elasa 3º B, Burela120,20 A

Raúl Díaz Rodríguez34255509LU-E 154/200126-e) L.O. 1/1992Pino 18, A Pobra de Brollón240,40 A

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE