Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador LU-E 269/2001 por infracción en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que de seguido se relacionan, que non puideron ser notificadas por correo cer

tificado, a proposta de resolución dictada no expediente de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 10 de xaneiro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioSanción

Jesús Antonio Regueiro Rivas34250191LU-E 269/200126-e) L.O. 1/1992José Antonio 40, 3º, Sarria.90,15 A