Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 285 e 293/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que de seguido se relacionan, que non puideron ser notificadas por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretario o xefe de negociado Constantino Alvar Cabido, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xusticia, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio

da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 10 de xaneiro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioSanción

Javier Álvarez López33810169LU-E 285/200123-e) L.O. 1/1992Lousadela 7, Sarria1.502,53 A

Clausura do establecemento polo período de 2 meses

Ondine Bar CB (Pablo García López e Juan A. García López)E-27245273LU-E 293/200123-o) en relación co 26-e)

LO 1/1992

Ingeniero Schultz s/n, Ribadeo1.803,04 A