Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de servicios de vixilancia e seguridade no centro de menores Avelino Montero en Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Pontevedra.

c) Número de expediente: 34/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: vixilancia e seguridade no centro de menores Avelino Montero en Pontevedra.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación:

DOG nº 235, do 5 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 20.000.000 de ptas./120.202,42 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 19 de decembro de 2001.

b) Contratista: Grupo Cetssa, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 19.701.681 pesetas/118.409,49 euros, IVE incluído.

Vigo, 10 de xaneiro de 2002.

P.D. (Orden 19-1-1998)

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra