Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición número U-2001/0044, relativo ó expediente 00-179.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle ó interesado, co último domicilio coñecido en Eido Vello, nº 7 Ribadetea-Ponteareas-Pontevedra, a resolución dos recursos de reposición número U-2001/0044 promovido por José Antonio Rodríguez Gil, contra a resolución dictada o 19 de xaneiro de 2001, polo director xeral de Urbanismo, da cal a parte dispositiva di:

Resolvo desestima-lo recurso de reposición (expediente nº U-2001/0044) promovido por José Anto

nio Rodríguez Gil, contra a resolución dictada, o 19 de xaneiro de 2001, polo director xeral de Urbanismo, na que se acorda denega-la autorización, previa á licencia urbanística municipal, para a construcción dunha nave de engorda de polos, no concello de Ponteareas (exp. nº 00-179); resolución que se confirma.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste y lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda