Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2002 pola que se convoca concurso público, declarado de urxencia, para a contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña. (Expediente 1/02SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 1/02SE.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente da Coruña.

b) Lugar de entrega: Centro Residencial Docente da Coruña.

c) Prazo de execución: do 1 de marzo de 2002 ata o 28 de febreiro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 108.182,18 euros (18.000.000 de pesetas).

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: Oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nueva, 19, Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N =930

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o oitavo día a contar desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación necesaria: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o quinto día hábil contado desde o día seguinte á finalización do prazo para presentar ofertas, ás 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria