Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de xaneiro de 2002, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00400-I-2001 e tres máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2002.

Alberto Eiras Martínez

Xefe do Servicio de Informes e Recursos

Instructor

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00400-I-2001

C-9796-BX

3328943324L145100492

Justo Villasuso López

Eduardo Pondal, 9

15572 As Pontes de García Rodríguez

(A Coruña)

Realizar transporte de mercadorías (terra) co vehículo matrícula C-9796-BX, que está provisto de autorización da serie MDP-local, que presenta un peso total en báscula de 29.250 quilogramos, estando autorizado para un PMA de 26.000 quilogramos, o que supón realizar transporte cun exceso de 3.250 quilogramos que representan un 12% de exceso sobre o seu peso máximo autorizado.

7-11-2001; 10.09

Art. 200.3º do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987, art. 201 do R.D. 1211/199075.000 ptas.
DX-00412-I-2001

Obstrucción

3325183846L145100492

José Luis Arte González

Alcalde-Portanet, 11-3º B

36210 Vigo (Pontevedra)

En data 31-7-2001 requírese a José Luis Arte González, para que no prazo de dez días a contar desde a recepción do requirimento, remitise a esta subdirección xeral a seguinte documentación: copia das facturas emitidas polos portes realizados no mes de marzo de 2001, co vehículo matrícula PO-1016-BC, copia da tarxeta de inspección técnica (ITV) do citado vehículo. Segundo o correspondente xustificante de recepción a recepción do requirimento tivo lugar o 2-8-2001. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación nos servicios de inspección, impedíndolles o exercicio das súas funcións.

13-11-2001; 10.25.32

Art. 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e art. 19 do R.D. 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Art. 143 da Lei 16/1987, art. 201 do R.D. 1211/1990250.000 ptas.
DX-00419-I-2001

Obstrucción

3325183846L145100492

José Jorge Fafián

Valencia, 9, baixo

36203 Vigo (Pontevedra)

En data 31-7-2001 requírese a José Jorge Fafián, para que no prazo de dez días a contar desde a recepción do requirimento, remítese a esta subdirección xeral a seguinte documentación: copia das facturas emitidas polos portes realizados no mes de marzo de 2001, co vehículo matrícula PO-5994-AT, copia da tarxeta de inspección técnica (ITV) do citado vehículo. Segundo o correspondente xustificante de recepción a recepción do requirimento tivo lugar o 3-8-2001. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolles o exercicio das súas funcións.

13-11-2001; 10.47.12

Art. 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e art. 19 do R.D. 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Art. 143 da Lei 16/1987, art. 201 do R.D. 1211/1990250.000 ptas.
DX-00438-I-2001

Obstrucción

3325183846L145100492

Roberto Julio Valiño Gago

B. Floresb, 23, chalet 1

150 A Coruña

En data 19-7-2001 requírese a Roberto Julio Valiño Gago, para que no prazo de dez días a contar desde recepción do requirimento, remitise a esta subdirección xeral a seguinte documentación: copia das facturas emitidas polos portes realizados no mes de marzo de 2001, co vehículo matrícula C-4193-S, discos-diagrama do citado vehículo correspondentes a marzo de 2001, así como relación de conductores que prestaron servicios no citado vehículo (TC-2 o autónomos), copia da tarxeta de inspección técnica (ITV) do citado vehículo. Segundo o correspondente xustificante de recepción a recepción do requirimento tivo lugar o 28-7-2001. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolles o exercicio das súas funcións.

14-11-2001; 11.59.05

Art. 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e art. 19 do R.D. 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Art. 143 da Lei 16/1987, art. 201 do R.D. 1211/1990250.000 ptas.