Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.575

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de industrias e comercio vitivinícolas.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de industrias e comercio vitivinícolas, con nº de código 3600815, que tivo entrada nesta delegación pro

vincial o día 26-12-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Patronal Vitivinícola e do Comercio de Viños da provincia de Pontevedra, e da parte social polas centrais sindicais CIG e UGT, con data do 5-12-2001. De conformidade co disposto no artigo 90, 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de decembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial para as industrias e comercio vitivinícolas de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio obriga a tódalas as empresas que se rexan pola ordenanza laboral para as industrias vitivinícolas, aprobada por Resolución do 29 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Seguridade Social. Quedan obrigadas tódalas empresas e traballadores da provincia de Pontevedra que se dediquen ó comercio e á elaboración de viños e licores.

Por outra banda, este convenio afecta ás empresas que se dediquen dunha forma exclusiva á actividade do comercio vinícola, que se regulará pola ordenanza laboral do comercio.

Artigo 2º.-Vixencia e prórrogas.

Este convenio entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, aínda que os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de abril de 2001. Farase efectivo ós dez días da súa sinatura.

A súa duración será dun ano contado desde o día 1 de abril de 2001 ata o 31 de marzo de 2002, prorrogándose tacitamente de ano en ano ata a entrada en vigor do seguinte.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio estableceranse co carácter de mínimas. Os pactos ou situa

cións actualmente existentes en calquera empresa, que impliquen condicións máis beneficiosas respecto ás acordadas neste convenio, serán respectadas ad personam.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A duración máxima da xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais, e, en todo caso, será repartida de luns a venres. En ningún caso superarán as 1.784 horas anuais de traballo efectivo.

Artigo 5º.-Horas extraordinarias.

Estas serán as mínimas e imprescindibles e para atender necesidades urxentes e inaprazables, necesitándose, en cada caso, a preceptiva autorización laboral; igualmente respectaranse os límites legais establecidos. Estas horas terán que ser negociadas pola empresa co persoal ou, se é o caso, co comité de empresa ou delegados de persoal.

Artigo 6º.-Licencias e permisos.

O/A traballador/a, avisando coa posible antelación e xustificando adecuadamente, poderá faltar ou ausentarse do traballo, co dereito a remuneración, por algún dos seguintes motivos e durante o tempo mínimo que a continuación se expón:

a) Matrimonio: 15 días naturais.

b) Intervención cirúrxica do cónxuxe, dos pais dun ou doutro cónxuxe, e fillos: 5 días naturais.

c) Parto da muller: 5 días naturais.

d) Morte do cónxuxe, fillo, pai ou nai dun ou doutro cónxuxe, netos, avós ou irmáns: durante 2 días, que poderán ampliarse ata 3 máis cando o/a traballador/a necesite realizar un desprazamento para o efecto.

e) Morte dun tío ou cuñado: 1 día.

f) Enfermidade grave do cónxuxe, fillo, pai ou nai dun ou doutro cónxuxe, netos, avós ou irmáns: durante 2 días, que poderán ampliarse ata 3 máis, cando o/a traballador/a necesite realizar un desprazamento para o efecto.

g) Necesidades de atender asuntos propios que non admitan demora: de 1 a 5 días, outorgándose a licencia demostrada da súa necesidade.

h) Cumprimento dun deber de carácter público: polo tempo necesario e preciso para iso.

Artigo 7º.-Excedencias.

1. A excedencia forzosa poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase polas designacións ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

2. O/A traballador/a cun mínimo dun ano de antigüidade na empresa ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de se situar en excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e non maior

a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador ou traballadora se transcorreron catro anos desde o remate da excedencia anterior.

3. Os/As traballadores/as terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atender a cada fillo, natural ou adoptivo, contado desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que se estivese a desfrutar. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

Durante o primeiro ano a partir do comezo de cada situación de excedencia, o/a traballador/a terá dereito á reserva do seu posto de traballo e a que o devandito período sexa computado para efectos de antigüidade. Unha vez rematado este, e ata o remate do período de excedencia, aplicaránselle, agás convenio colectivo ou individual en contrario, as normas que regulan a excedencia voluntaria.

4. Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores ou traballadoras que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o seu cargo representativo.

5. O/A traballador/a excedente só conserva un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou semellante categoría á súa que houbese ou se producise na empresa.

6. A situación de excedencia poderá estenderse a outros supostos colectivamente acordados, co réxime e para os efectos que alí se presupoñan.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio terá dereito ás gratificacións extraordinarias de xullo a Nadal, cun importe en cada unha delas equivalente a unha mensualidade do salario base máis antigüidade.

Ó persoal que ingrese ou cese no transcurso dun ano aboaránselle estas gratificacións rateando o seu importe en relación co tempo de permanencia na empresa, polo cal a fracción de mes computarase como mes completo.

Todo iso sen prexuízo da paga extraordinaria que, en concepto de participación de beneficios, lle corresponda a todo o persoal dunha actividade que se regula pola ordenanza laboral do comercio.

Artigo 9º.-Condicións económicas.

Os salarios base serán establecidos na táboa salarial anexa, e terán a súa aplicación desde o 1 de abril de 2001 ó 31 de marzo de 2002, experimentando un incremento salarial do 3,5% en tódolos conceptos que rexen en cada centro de traballo. Acórdase unha revisión salarial para o suposto de que o IPC interanual o 31 de marzo de 2002 supere o 2,5%, con carácter retroactivo desde o 1 de abril de 2001, ó que excede a dita porcentaxe.

Artigo 10º.-Antigüidade.

En concepto de antigüidade establécense trienios do 8% do salario vixente en cada momento e para cada categoría, non podendo excede-la acumulación de incrementos por este concepto o 60%, como máximo, os 25 ou máis anos.

Artigo 11º.-Vacacións.

O período anual será de 30 días naturais, que se gozarán en dous períodos de 15 días naturais. Un dos ditos períodos desfrutarase entre o 1 de maio e o 30 de setembro e o outro no resto do ano. Todo iso coa excepción de que en cada empresa, empresario e traballadores/as cheguen a outros acordos sobre fixación das vacacións.

O importe das vacacións deberá pagarse antes de comeza-lo seu desfrute e sobre a base do salario real.

Para todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade laboral transitoria e non por accidente, estas suspenderanse ata que o traballador ou traballadora sexa dado de alta novamente, co cal terá dereito ó seu desfrute ou á parte pendente.

Artigo 12º.-Complemento asistencial.

No caso de incapacidade laboral transitoria, derivada de enfermidade profesional ou accidente laboral, a empresa completará ata o 100% do salario do/a traballador/a a prestación correspondente á Seguridade Social durante un máximo de 12 meses.

Artigo 13º.-Axudas de custo.

A contía das axudas de custo será a seguinte:

Media axuda de custo: 2.482 pesetas.

Axuda de custo completa: 4.364 pesetas.

Terán dereito a elas os/as que, mediante orde expresa do empresario ou persoa que os represente, se vexan obrigados a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional por conta e baixo dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes do centro de traballo que lles imposibilite o seu regreso, ou sexa preciso efectuaren comidas fóra do seu propio domicilio ou teñan necesidade de desprazarse a localidades onde tamén se lle esixa á misión encomendada unha permanencia que os obrigue a tomar aloxamento.

Artigo 14º.-Complemento de incapacidade.

Todo traballador ou traballadora que teña algún fillo subnormal, diminuído físico ou minusválido percibirá a contía de 8.727 pesetas mensuais por cada fillo que se atope na dita situación.

Artigo 15º.-Festividade da patroa.

Establécese como festa da patroa, co carácter de aboable e non recuperable, o día da festividade da Nosa Señora das Viñas, que se celebrará o día 10 de setembro; o persoal será gratificado con 13.859 pesetas.

Artigo 16º.-Complemento de locomoción.

En compensación dos gastos de locomoción que ten que face-lo/a traballador/a para chegar ó seu centro de traballo, aboaráselle a cada un deles ó seu servicio a cantidade de 959 pesetas por día efectivamente traballado.

Artigo 17º.-Categorías.

Os/As choferes que conduzan camións de máis de 3.500 quilos equipáranse a oficial de primeira; os/as que conduzan camións ata 3.500 quilos terán a consideración de oficial de segunda.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

As empresas veranse obrigadas a facilitarlles ós seus traballadores e traballadoras un mínimo de dúas pezas de roupa de traballo por ano. Ós/Ás choferes e repartidores/as facilitaránselles uniformes de traballo acondicionados ás temperaturas de verán e inverno, así como roupas de auga.

Para o persoal de fábrica ou adega, a empresa facilitará o calzado regulamentario determinado polas normas de seguridade, que se repoñerá segundo as necesidades, así como luvas de seguridade.

Artigo 19º.-Retirada do carné de conducir e multas.

No caso da retirada do permiso de conducir pola autoridade competente, a empresa facilitaralles ó/á traballador/a un posto de traballo idóneo de acordo coa súa categoría profesional, sen que con iso sexa minguado o seu salario. As multas imputables ó/á traballador/a serán aboadas por este; no caso contrario pagaraas a empresa. Esta tamén se fará responsable das multas orixinadas por exceso de carga, mal aparcamento no caso de carga e descarga e excesivos viaxeiros que teñan a condición de seren persoal ó servicio da empresa.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes.

A empresa contratará un seguro de accidentes que no caso de morte lles asegure ós familiares dos/as traballadores/as afectados unha indemnización de 2.374.173 pesetas, e, no caso de incapacidade total, de 4.136.147 pesetas.

Artigo 21º.-Xubilacións.

Establécese un premio de xubilación de 172.939 pesetas para o traballador ou traballadora que se xubile entre os 60 e 65 anos, e leve máis de 20 de antigüidade na empresa.

Artigo 22º.-Comisión paritaria.

Para o cumprimento do establecido neste convenio créase unha comisión paritaria con facultades de interpretación, conciliación e arbitraxe.

Artigo 23º.-Persoal de comercio.

Todo persoal que preste os seus servicios en actividades do comercio exclusivamente estará regulado

pola ordenanza laboral do comercio, actualizada o 4 de xuño de 1975, naqueles conceptos nos que a dita ordenanza preceptúe condicións laborais de calquera tipo, superiores ás contidas no texto deste convenio.

Artigo 24º.-Adhesión ó AGA.

As empresas afectadas por este convenio, ante discrepancias xurdidas de interpretación de cada un dos artigos, someteranse ó procedemento de arbitraxe do AGA.

Artigo 25º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes deste convenio, pola representación social a Confederación Intersindical Galega (CIG) e a Unión Xeral de Traballadores (UGT), e pola representación empresarial a Asociación Patronal Vitivinícola e do Comercio de Viños da provincia de Pontevedra.

Disposición adicional. Contratos de duración determinada.

Estes contratos non poderán ter unha duración superior a doce meses, e pasado o dito prazo, e sen necesidade de ningunha denuncia, o/a productor/a converterase automaticamente en fixo/a, excepto nos casos de reserva de praza por enfermidade ou deber inescusable de carácter público.

Táboa salarial

Ano 2001-2002

CategoríasPesetas

* Grupo A. Técnicos/as titulados:

a) Con título superior104.338

b) Con título inferior100.050

c) Practicante92.012

-Técnicos/as non titulados:

a) Encargado/a xeral de adega ou fábrica95.922

b) Encargado/a de laboratorio92.012

c) Axudante de laboratorio88.263

d) Auxiliar88.263

* Grupo B. Administrativos/as:

a) Xefe/a de primeira100.050

b) Xefe/a de segunda95.927

c) Oficial de primeira92.012

d) Oficial de segunda88.263

e) Auxiliar86.749

f) Aprendiz de 1º ano76.756

g) Aprendiz de 2º ano78.888

* Grupo C:

a) Cobrador/a86.749

b) Almaceneiro/a86.749

c) Pesador/a ou basculeiro/a86.749

d) Garda xurado86.749

e) Vixilante ou sereno86.749

f) Porteiro/a86.749

g) Ordenanza86.749

h) Telefonista86.749

i) Mozo ou recadeiro/a86.749

k) Persoal de limpeza86.749

* Grupo D. Obreiros/as:

a) Profesionais de oficio:

-Capataz de adega ou fábrica95.933

-Encargado/a de sección95.933

CategoríasPesetas

-Oficial de primeira92.012

-Oficial de segunda88.263

-Encargado/a de cuadrilla88.263

b) Peóns especializados:

-Categoría xeral86.747

-Embotelladora e etiquetadora86.747

c) Peóns:86.747