Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.579

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2001 pola que acorda facer público o orzamento da Universidade da Coruña para o exercicio do ano 2002.

O Consello Social da Universidade da Coruña, de conformidade co disposto no artigo 14.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 47.1º a) dos seus estatutos, na súa reunión do día 26 de decembro de 2001, acordou a aprobación do orzamento desta universidade para o exercicio do ano 2002.

Este rectorado, conforme o disposto no artigo 54.2º da Lei 11/1983, do 25 de agtosto, de reforma universitaria e artigo 199 dos estatutos da Universidade da Coruña, resolve facer público o devandito orzamento, que acada a contía inicial no estado de ingresos e gastos de 84.192.492,16 euros (14.008.452.000 pesetas) e segundo o detalle anexo.

A Coruña, 29 de decembro de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Universidade da Coruña

Anexo á Resolución do 29 de decembro de 2002

1. Clasificación económica

Resumo por capítulos

Estado de ingresos 2002

Capítulo III: «Taxas e outros ingresos»14.762.059,30

Capítulo IV: «Transferencias correntes»56.007.356,39

Capítulo V: «Ingresos patrimoniais»390.657,87

Capítulo VII: «Transferencias de capital»10.688.465,38

Capítulo VIII: «Activos financeiros»2.343.953,22

Total orzamento ingreoss 200284.192.492,16

Estado de gastos 2002

Capítulo I: «Gastos de persoal»51.852.284,18

Capítulo II: «Gastos correntes en bens e servicios»11.173.088,16

Capítulo III: «Gastos financeiros»601,01

Capítulo IV: «Transferencias correntes»1.672.496,48

Capítulo V: «Investimentos reais»19.403.864,50

Capítulo VII: «Transferencias de capital»90.151,82

Capítulo VIII: «Activos financeiros»6,01

Total orzamento gastos 200284.192.492,16

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA