Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas, con data do 24 de xaneiro de 2002, o proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 21.1, redactado por Construcciones y Promociones Rodeiriña, S.L., sométese a información pública, por un período dun mes, para efectos de reclamacións, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co sinalado no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. O anuncio serve de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente, entendéndose definitivamente aprobado se non se presentan reclamacións.

Cangas, 24 de xaneiro de 2002.

José Enrique Sotelo Villar

Alcalde