Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOBIOS

ANUNCIO.

O Concello Pleno de Lobios (Ourense), na reunión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2001, aprobou por maioría absoluta o documento final do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lobios.

No BOP de Ourense do 26 de novembro publicouse a ordenanza correspondente.

Non se produciron reclamacións na exposición.

Segundo o artigo 48 da Lei do solo de Galicia, faise publicación no DOG con referencia ó BOP do 26 de novembro de 2001.

Recursos: reposición, no prazo dun mes, perante o concello, a partir da publicación no DOG. Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Galicia.

Lobios, 28 de xaneiro de 2001.

Benito Vázquez Vázquez

Alcalde