Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación do servicio que se cita. (Expediente 310/2001).

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Universidade de Vigo.

Dependencia que tramita os expedientes: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Nº de expediente: 310/2001.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: servicio integral de telefonía móbil.

Lugar de execución: Campus da Universidade de Vigo.

Duración do contrato: é a indicada no punto 6 da FRC do prego de cláusulas administrativas; o prazo máximo de entrega é de 6 semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de carácter estimativo:

117.197,36 euros, segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Enderezo: r/ Areal, 46, anexo, 3ª planta.

Localidade e código postal: Vigo, 36201.

Teléfono: 986 81 35 56.

Telefax: 986 81 38 57.

Data límite de obtención de documentos e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Enderezo: r/ Areal, 46, edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo, 36201.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

Domicilio: r/ Areal, 46, 1ª planta.

Localidade: Vigo, 36201.

Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 1 de febreiro de 2002.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo