Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 7 de xaneiro de 2002, do Servicio Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador 27015/2001 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente sancionador nº 27015/01, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa, 10 A-2º-2ª-Edificio Área Central-As Fontiñas-15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes contado a partir do seguinte día ó da notificación. Se non fose recorrida no devandito

prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091). Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 27015/01.

Inculpado: Alfredo Manuel Sousa López (Montemar).

Enderezo: r/ Bolaño Rivadeneira, nº 19 de Lugo.

Sanción: 300,51 euros (50.000 pesetas).

Motivo: negativa a subministrar información e irregularidades de venda.

Data resolución: 3-12-2001.

Lugo, 7 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo