Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do concurso 32/2001.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 alínea j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña; As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

2. Modalidade de adxudicación elixida:

Procedemento aberto, concurso.

3. Obxecto do contrato, número CPA:

Concurso: 32/2001.

Subministración de membranas de diálise.

4. Data de adxudicación do contrato:

12-12-2001.

5. Criterios de adxudicación do contrato:

As establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Ofertas recibidas:

Oito.

7. Nome e dirección do provedor ou provedores:

Lote nº 1: Gambro, S.A.; avda. da Industria, 16; 28820 Coslada-Madrid; (España).

Lote nº 2: Zento Medical, S.L.; r/ J. Sebastián Bach, 8; entlo.-2ª; 08021 Barcelona (España).

Lote nº 3: Hospal, S.A.; r/ Nápoles, 249-1º; 08013 Barcelona (España).

Lote nº 4: Fresenius Medical Care España, S.A.; estrada Valderiolf, km. 0,4; 08430 La Roca del Vallés; Barcelona (España).

Lote nº 5: Hospal, S.A.; r/ Nápoles, 249-1º; 08013 Barcelona (España).

Lote nº 6: Hospal, S.A.; r/ Nápoles, 249-1º; 08013 Barcelona (España).

Lote nº 7: Sorin Biomédica España, S.A.; estrada Cerdanyola, 69-71; 08190 Sant Cugat del Vallés; Barcelona (España).

Lote nº 8: Gambro, S.A.; avda. da Industria, 16; 28820 Coslada-Madrid; (España).

8. Prezo pagado:

lote

orde

OrzamentoAdxudicatarioImporte

unitario

113.100Gambro, S.A.2.750

26.500Gambro, S.A.6.500

232.700Zento Medical, S.L.2.461

42.700Zento Medical, S.L.2.568

57.300Zento Medical, S.L.7.300

363.532Hospal, S.A.3.532

477.624Fresenius Medical C. Esp., S.A.7.624

89.200Fresenius Medical C. Esp., S.A.9.200

599.100Hospal, S.A.9.100

61012.000Hospal, S.A.12.000

71114.766Sorin Biomedical España, S.A.14.766

8124.898Gambro, S.A.4.898

9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:

10. Outras informacións:

11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial de las Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia:

BOE: 14-8-2001.

DOCE: 4-8-2001.

DOG: 2-8-2001.

12. Data de envío do presente anuncio: 14-1-2002.

13. Data de recepción do presente anuncio:

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 21 de decembro de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña