Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 26 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU 063/2001C por infracción da Lei de caza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembeo), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoacción do expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33 do 11 de xullo).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuarse alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 26 de decembro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO 1

Expediente: OU 063/2001C.

Denunciado: José Manuel Díaz Vieira.

DNI: 34992879-N.

Último enderezo coñecido: avda. de Castilla, nº 69-3º D, Verín, Ourense.

Feito denunciado: organizar un gancho sen deixar no lugar de reunión o plano coas manchas para bater.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.28º da Lei de caza de Galicia. Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 10.000 pesetas.

Instructora: Miriam Areal López.