Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU 064/2001C por infracción da Lei de caza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificaselles ás personas que nos anexos se mencionan a incoacción de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo).

Noméase instructora do expediente a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 27 de decembro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: OU 064/01C.-Denunciado: José Benito Quintas Morales.-DNI: 34590442Y.-Derradeiro enderezo coñecido: avda. de Portugal, nº 88, Ourense.-Feito denunciado: adestrar tres cans de caza sen acreditar que dispoñen de cartilla sanitaria.-Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.35º da Lei de caza de Galicia. Cualificación da infracción: leve.-Sanción: multa de 10.000 pesetas.-Instructora: Miriam Areal López.