Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou publica-las adxudicacións dos contratos que a seguir se relacionan:

1. Concurso público por procedemento aberto, para a contratación da execución da subministración e entrega de equipos GPS para os distritos forestais.

Orzamento de licitación: 11.875.000 pesetas (71.370,19 euros).

Adxudicación: 11.663.810 pesetas (70.100,91 euros).

Empresa adxudicataria: Santiago y Cintra Ibérica.

2. Concurso público por procedemento aberto, para a contratación da dirección facultativa das obras de clausura e selaxe do vertedoiro de Pontevedra.

Orzamento de licitación: 14.967.174 pesetas (89.954,53 euros).

Adxudicación: 13.106.550 pesetas (78.771,95 euros).

Empresa adxudicataria: Singla Ingeniería, S.L.

3. Concurso público por procedemento aberto, para a contratación da execución da obra de clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Pontevedra.

Orzamento de licitación: 395.798.596 pesetas (2.378.797,47 euros).

Adxudicación: 326.554.371 pesetas (1.962.631,30 euros).

Empresa adxudicataria: Ferrovial Agroman.

4. Concurso público por procedemento aberto, para a contratación da execución da obra de clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Mougá (Ferrol).

Orzamento de licitación: 703.162.765 pesetas (4.226.093,33 euros).

Adxudicación: 499.192.797 pesetas (3.000.209,13 euros).

Empresa adxudicataria: Ute Urbaser-Dragados.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2002.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería

de Medio Ambiente