De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no
anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.
Lugo, 22 de novembro de 2001.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: P-179/2001.
Denunciado: José Rodríguez Luaces.
DNI: 34260197-H.
Enderezo: Chantada 150-2º D. Monforte de Lemos, Lugo.
Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial en día inhábil (luns non festivo). Feitos constatados o día 11-6-2001, ás 12.15 h no encoro de Belesar. Santo Estevo de Ribas de Miño, Chantada. Lugo.
Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.
Cualificación da sanción: leve.
Sanción: 10.000 pesetas (60,10 euros).