Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-171/2001, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agos

to), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Nómease instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias desta delegación provincial, que deberán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados diporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenintes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento, para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción. O pagamento voluntario porá fin ó expediente e para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados que serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 28 de setembro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-171/2001.

Denunciado: Manuel Ferreiro Borrajo.

DNI: 34908464F.

Enderezo: r/ Santo Cristo, nº 14-A. Ourense.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial en día inhábil (luns non festivo). Feitos constatados o día 13-8-2001, ás 12.10 h no río Miño-encoro de Belesar. Sabadelle. Chantada. Lugo.

Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 pesetas (60,10 euros).