Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.499

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Transportes La Unión, S.A.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Transportes La Unión, S.A., con nº de código 3601322, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-12-2001, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, con data do 24-11-2001. De conformidade co disposto no artigo 7 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración

do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de decembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Transportes La Unión, S.A.

Acta 3ª

Representación económica:

Juan Manuel Gómez Piña.

Javier Lorenzo González.

Leandro Arruti Baqueiro.

Representación social:

Manuel Méndez Rico.

Dositeo Peón Amoedo.

Ignacio Estévez González.

Manuel Rivas Vidal.

Manuel Carmuega Gamallo.

Fernando Trigo Fabeiro.

Nos locais da empresa, sita na rúa Salvador Moreno 155, de Pontevedra, ás 11 horas do día 24 de novembro de 2001, reúnense as representacións social e económica da empresa Transportes La Unión, S.A., para continuar coa negociación da táboa salarial para o ano 2001 do seu convenio colectivo de traballo, así como de aspectos do propio convenio.

Tras longo debate sobre o incremento da táboa salarial para o ano 2001, por acordo unánime de tódolos presentes fíxase a suba da táboa salarial e demais complementos económicos que establece o convenio nun 4,75%, con efectos do día 1-1-2001, que se aplicará a partir da nómina deste mes de novembro.

Así mesmo, e dado que a empresa realizou unha entrega a conta da suba salarial do 4% desde xaneiro a outubro de 2001, aboarase coa nómina de novembro o 0,75% restante desde xaneiro a outubro de 2001.

Acórdase, igualmente, regulariza-las cantidades devengadas en concepto de axudas de custo desde xaneiro a outubro de 2001 conforme a suba salarial do 4,75%.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase esta acta, que asinan tódolos asistentes no lugar e data al principio indicados.

A) Táboa de salarios desde o 1-1-2001 ó 31-12-2001.

Persoal administrativoPesetas/mesPesetas/h. extra

Xefe de servicio163.9011.883

Enxeñeiros e licenciados142.8451.642

Xefe de negociado113.8741.308

Oficial de primeira102.9891.185

Oficial de segunda96.2831.107

Auxiliar administrativo87.0951.001

Persoal de movementoPesetas/mesPesetas/h. extra

Xefe de tráfico de primeira123.6621.423

Xefe de tráfico de segunda119.2631.371

Xefe de tráfico de terceira112.0901.289

Expendedores/as de billetes95.5311.085

Persoal de movementoPesetas/díaPesetas/h. extra

Inspector3.549931

Conductor-perceptor3.474911

Conductor3.412897

Cobrador2.977784

Mozo de administración2.839746

Persoal de talleresPesetas/mesPesetas/h. extra

Xefe de taller141.7291.629

Encargado de taller110.7261.273

Persoal de talleresPesetas/díaPesetas/h. extra

Xefe de equipo3.709974

Oficial de primeira3.572938

Oficial de segunda3.405895

Oficial de terceira3.258856

AprendicesSalario mínimo segundo idade en cada caso

B) Outros conceptos.

1. Axudas de custo:

-Servicio de liña regular en Galicia: 1.257 pesetas comida; 1.257 pesetas cea e 1.655 pesetas pernoita.

-Servicio discrecional en España e Portugal: 2.111 pesetas comida; 2.111 pesetas cea e 2.524 pesetas pernoita.

-Resto de países non mencionados anteriormente: 3.017 pesetas comida; 3.017 pesetas cea e 3.823 pesetas pernoita.

2. Quebranto de moeda: 136 pesetas/día.

Pontevedra, 24 de novembro de 2001.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE