Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.486

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 17 de xaneiro de 2002 pola que se acorda a favor de diversos concellos a cesión da propiedade de bens mobles automóbiles, propiedade do Servicio Galego de Saúde.

O Servicio Galego de Saúde de cara a mellora-la prestación da asistencia sanitaria na Comunidade Autónoma, concedeu permisos de utilización temporal a favor de distintos concellos, de varias ambulancias propiedade do mesmo. Algúns deses vehículos en virtude do tempo transcurrido non son útiles na actualidade para a realización de labores de ambulancia e de acordo co Decreto 42/1998, do 15 de xaneiro, polo que se regula o transporte sanitario rebasan o tempo máximo establecido para o seu destiño a fins sanitarios. Por todo isto, os concellos de Santa Comba, Pontecesures, Boqueixón, Vedra, Quintela de Leirado, Xinzo de Limia, O Páramo, Quiroga, Covelo, Baleira, A Gudiña, A Teixeira, Maceda, Dozón, Cariño, O Porriño, Mondoñedo, A Estrada, Muíños, Arteixo, A Veiga, Meis e Monterroso solicitan a cesión dos vehículos que utilizan para ser destinados a outros fins que redunden no interese xeral do municipio.

Con este fin o Servicio Galego de Saúde tramitou o expediente de cesión dos ditos vehículos de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo (DOG nº 156, do 13 de agosto).

Por todo o exposto e en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro

DISPOÑO:

Artigo 1º

Esta orde ten por obxecto acorda-la cesión de varios vehículos (determinados no anexo) a favor dos concellos Santa Comba, Pontecesures, Boqueixón, Vedra, Quintela de Leirado, Xinzo de Limia, O Páramo, Quiroga, Covelo, Baleira, A Gudiña, A Teixeira, Maceda, Dozón, Cariño, O Porriño, Mondoñedo, A Estrada, Muíños, Arteixo, A Veiga, Meis e Monterroso.

Artigo 2º

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos destinaranse a fins de utilidade pública ou interese social do concello tal e como esixe o artigo 35 bis da Lei 3/1985, do patrimonio

da Comunidade Autónoma, e o artigo 96 bis do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento.

b) Coa cesión outorgaráselle o concello a propiedade do vehículo, e este comprométese a realizar ante a Xefatura Provincial de Tráfico os trámites precisos para o cambio da súa titularidade.

c) Os bens cedidos destinaranse a outros fins de utilidade pública ou interese social do concello, debendo este proceder a retirar do vehículo todo anagrama ou rotulación que puidera identificalo como vehículo sanitario, asi como a aboa-los gastos que puidera orixina-la transformación do antedito vehículo.

Artigo 3º

A cesión formalizarase mediante acta subscrita polo director xeral da División de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde e polo organo competente dos distintos concellos, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O Servicio Galego de Saúde, a través de seu órgano competente, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Relación de vehículos:

VehículoMatrículaConcello

Nissan PracticC-8448-BCSanta Comba
Nissan PracticC-2087-BGPontecesures
Nissan VanetteC-2089-BGBoqueixón
Nissan VanetteC-6142-BSVedra
Nissan VanetteOR-2360-JQuintela de Leirado
Renault TraficC-3648-AVXinzo de Limia
Nissan VanetteLU-2417-LO Páramo
Nissan PracticC-8403-BCQuiroga
Nissan VanettePO-4374-ACCovelo
Nissan VanetteLU-4997-KBaleira
Nissan VanetteOU-8490-JGudiña
Nissan VanetteOU-2750-JTeixeira
Renault TraficC-3463-AVMaceda
Nissan VanettePO-3131-ADDozón
Renault TraficC-2556-AWCariño
Nissan VanettePO-1283-ADO Porriño
Renault TraficC-3649-AVMondoñedo
Nissan VanetteC-9506-BDA Estrada
Nissan VanetteC-2086-BGA Estrada
Nissan VanetteC-0701-BSA Estrada
Nissan VanetteC-6141-BSMuíños
Nissan VanetteC-6140-BSArteixo
Nissan VanetteC-7362-ASArteixo
Nissan VanetteC-9088-BGA Veiga
Nissan VanetteC-9505-BDMeis
Renault TraficC-2558-AWMonterroso