A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Pontevedra providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 277/01-M, interposto por Montserrat Moreira Pazos, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de outubro de 2001, pola que se desestima o recurso de alzada contra o Acordo do 3 de maio de 2001 da comisión permanente de selección para postos de funcionarios, polo que se desestima a súa reclamación relativa ás listas para a cobertura temporal de postos de traballo correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, lista A.2.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Pontevedra no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2002.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública